quinta-feira, 8 de agosto de 2013

Os vivantistas van a antes

Nesta ocasión, os nosos amigos vivantistas déixanse de sécolas e de retrónicas e viaxan a antes, onde sempre soñaron pasar uns días de vacacións. Unha curtametraxe vivantista realizada por Antía Ameixeiras e David Fontán.

quinta-feira, 7 de fevereiro de 2013

Comunicado extra de Entroido

Os vosos amigos vivantistas reencóntranse na distancia grazas a uns feitizos segredos e altamente confidenciais para mandarvos un saúdo entroideiro e cheo de ledicia e glamour. Viva o entroido!

quarta-feira, 19 de dezembro de 2012

O derradúltimo comunicado vivantista

Os vosos amigos vivantistos despídense durante un tempo do estresante e esixente mundo das cámaras e da fama porque un dos seus membros, senlleiro indrúvido, marcha á emigración. E como non é un adeus, senón un deica logo, dedícanvos unha panxoliña para felicitárenvos estas tan entrañables festas como son a Nabidá e o ano nabo.

domingo, 21 de outubro de 2012

Comparecencia na sé eleitoral vivantista de André Clamadoura

O grandirmo político galeguista André Clamadoura comparece perante os meios de comunicazón na sé do partido vivantista, no senlleiro e indrúvido barrio de San Pedro.

sábado, 20 de outubro de 2012

Reflexión vivantista sobre as eleczóns do 21-O

A equipa vivantista volve endespoixas dunha tempada na que non estaban mortos, estaban de mudanza, para facer unha seria advertencia á poboación galega: cómpre irmos votar para botar os culpábeis desta gravirma "crisi" que nos asola. Votade para botármolos!

quarta-feira, 2 de maio de 2012

Benvido, profesor Yves!

Con este video comezamos unha serie de colaboracións co profesor Yves, da Université de Bordeaux, onde se inventou a lamprea á bordelesa, que tratarán sobre temas de agora que precisan solucións de antes.


Obrigado, profesor!

terça-feira, 17 de janeiro de 2012

Comunicado extraordinario da equipa de VIVA ANTES

A equipa de comunicados vivantistas altera a súa programación habitual para dar unha resposta aos feitos acontecidos na noite do pasado domingo 15 de xaneiro.